O Plan Xeral define perfectamente as zona de uso residencial e as de uso hoteleiro, polo que os pisos convencionais dedicados a residencia non poden explotarse comercialmente como servizo de hospedaxe.
Na actualidade o Concello ten abertos varios expedientes sancionadores a vivendas que exercen ilegalmente a actividade de hospedaxe, reservada ás empresas dese sector, unha actividade que non debe confundirse cos alugueiros turísticos.