Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Concello sacará a poxa pública un loro abandonado

 Oleiros, 10 de novembro de 2020-. O pasado mes de outubro o Centro de Recuperación de Fauna de Oleiros atopou un loro gris en Perillo. Ao transcorrer máis de 10 días sen que ninguén o reclamase, a lei determina que o Concello ten que declaralo como abandonado. Para evitar que sexa sacrificado, realizarase unha poxa pública para aquelas persoas que puidesen estar interesadas.

 
Trátase dun exemplar de raza Yaco. Nos próximos días publicarase o correspondente anuncio oficial para a realización desta poxa pública.
back link