Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O Concello recibiu esta mañá a visita de Xosé Neira Vilas

Oleiros, 31 de outubro de 2012.- O Concello de Oleiros recibiu esta mañá a Xosé Neira Vilas e ao secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, para inaugurar a exposición  Querido Balbino, 1961-2011 cincuenta anos de Memorias dun neno labrego.


Ademais visitaron acompañados polo alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, a concelleira de Cultura e Normalización Lingüística, Esther Garrido e a concelleira de Educación e Xuventude, Sandra Fernández, o IES Neira Vilas en Perillo, onde foron recibidos por representantes do alumnado do centro. Despois de visitar unha exposición fotográfica de Neira Vilas no centro, foron ao centro cultural da Fábrica, onde Xosé Neira Vilas contou ao alumnado deste instituto, como escribiu o libro e a transcendencia que tivo a dita publicación na sociedade galega e no mundo en xeral.
 

back link