Oleiros, 19 de xaneiro de 2015-. O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, anunciou esta mañá que o Concello poñerá a disposición dos afectados polos impagos das expropiacións da vía Ártabra os servizos xurídicos do Concello para estudar presentar unha denuncia colectiva ou facer a pertinente denuncia particular. García Seoane sinalou que un número importante das contías que están sen aboar oscilan entre os 10.000 e os 40.000 euros. Ademais o rexedor sinalou que pode existir un delito de prevaricación por parte da Xunta na xestión deste asunto.
Hemeroteca
Asset Publisher
Xa pasaron máis de sete anos desde o comezo da vía Ártabra e a ocupación das fincas dos veciños e centos de afectados pola realización desta obra seguen esperando a que se lles pague polos seus terreos. Para encubrir a súa desidia por este asunto, a Xunta alega como causa para non pagar que se atopa á espera de fallos xudiciais. Os que recorreron aos tribunais para defender un prezo xusto foi unha minoría de afectados e non existe ningunha causa que impida aboar aos veciños que foron expropiados e non recorreron.
Desde o Goberno autonómico están cometendo unha infamia e un suposto delito posto que a lei deixa claro que cando se ocupa unha finca hai que pagala con anterioridade, excepto naqueles casos xa mencionados de propietarios que presentan recursos ante a xustiza.