Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello organiza unha representación teatral para 300 mozos e mozas para seguir creando conciencia feminista

Dentro da programación de actividades do Concello polo 8-M, o alumnado do segundo ciclo da ESO dos centros de ensino público acudiu esta mañá ao Auditorio Gabriel García Márquez de Mera á representación da obra de teatro Feminíssimas.  Para facilitar a asistencia nesta actividade, ademais de organizar a representación, o Concello puxo a disposición dos centros o servizo de autobús.

Feminíssimas é unha creación colectiva de Esther F. Carrodeaugas, Noeliva Blanco, Stephy Llaryora e Xavier Castiñeira cuxa premisa é a seguinte: un Congreso Feminista na cidade de Vigo. Tres amigas da adolescencia que fai anos que non se ven. Tres amigas con tres formas ben distintas de entender o feminismo: feminismo radical, feminismo liberal e postfeminismo. Na obra, a través de altas doses de humor, ironía e complicidade, ponse a amizade a proba, á par que analizan (desde a comedia) a forma na que as mulleres conviven neste novo mundo feminista no que paseniñamente cada vez nos atopamos en maior inmersión. Unha obra que busca, tamén, o rirse dunha mesma, das propias incongruencias e, sobre todo, do espazo que separa a teoría pura da práctica diaria, ao tempo que reflexiona sobre a amizade e a súa complexa relación coa ideoloxía.

back link