Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello organiza un obradoiro de marmoreado nas Torres de Santa Cruz

O museo Os Oleiros organiza unha nova actividade de olería: obradoiro de marmoreado os días 13, 20 e 27 de xuño.

O marmoreado é unha técnica decorativa na que se mesturan barros de distintas cores para crear un patrón semellante ao do mármore.

Os participantes desta actividade confeccionarán unha peza con esta técnica seguindo as indicacións da ceramista Isabel Gómez.

O obradoiros desenvolverase na escola Municipal de Olería (As Torres) en tres xornadas 13, 20 e 27 de xuño en dúas quendas:

 - 1ª quenda (de 16.00 a 18.00 h)
Inscrición: https://www.oleiros.org/web/forms/shared/-/form/2521351

- 2ª quenda (de 18.00 a 19.30 h): 
Inscrición: https://www.oleiros.org/web/forms/shared/-/form/2521367
A actividade está dirixida a persoas maiores de 16 anos e con preferencia para empadroadas no Concello de Oleiros. 

O prazo de inscrición é finaliza o 4 de xuño e o prezo do obradoiro é de 4,00 euros. Poderase obter máis información sobre o obradoiro nos teléfonos 881 889 162 ou 981 626 692 e no correo electrónico museos@oleiros.org

ENLACE INSCRICIÓN 

back link