Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello ofrece aos centros de ensino 145 actividades nas bibliotecas para fomentar a lectura

Uns 3.000 alumnos e alumnas de infantil, primaria, ESO e bacharelato participarán nalgunha das 145 sesións distintas que o Concello de Oleiros pon a disposición dos centros de ensino nas Bibliotecas municipais para animar á poboación moza a ler entre febreiro e maio. 

onseguir novos e mellores lectores e lectoras que contribúan a crear unha sociedade máis culta, libre e solidaria é o propósito da Rede Municipal de Bibliotecas do Concello de Oleiros. 

Unha morea de actividades para dar a coñecer as bibliotecas e animar á súa utilización no tempo de lecer que se recollen nun dossier presentado aos centros de ensino. Das 61 actividades diferentes, cada centro selecciona 46, en función das que mellor se adaptan á súa programación escolar.

Contacontos, narracións, concertos, teatro en relación á obra de figuras como Rosalía de Castro, Agustín Fernández Paz, Fina Casalderrey, Álvaro Cunqueiro, Julio Cortázar, Yolanda Castaño e Luisa Villalta.  As actividades contan coa colaboración dun amplo número de artistas e intelectuais como Ramiro Neira, Pablo Díaz, Yolanda Castaño, Óscar Villán, Miguel Cuba, Charo Pita ou Isabel Andrés, ademáis das compañías teatrais Trémola ou Trinke Trinke.

Inclúen tamén eventos relacionados co Día das Letras Galegas, cun achegamento á vida e á obra de Luisa Villalta, a autora homenaxeada este ano. Programaranse ‘A nena do violino e a poesía’, con Trémola Teatro; ‘A pequena Luisa’ ou ‘Tinta de mar’ con Ramiro Neira e ‘Luisa Villalta, entre violín e a poesía’ a cargo de Charo Pita. 

Os actos terán lugar nas distintas bibliotecas e no teatro das Torres de Santa Cruz.
 

back link