Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O Concello instalará Puntos Violetas para as Festas de Santa Ana, en Mera

Con motivo da celebración desde hoxe en Mera das festas de Santa Ana, o Concello instalará Puntos Violetas as noites do xoves 25 e venres 26, de 23 a 3 horas, coa finalidade de seguir traballando activamente, en colaboración coas comisións de festas, na prevención e actuación fronte as violencias sexuais, LGTBIfóbicas e demais violencias machistas que poidan dar.

Os Puntos Violeta son puntos de referencia, atención e acompañamento psicolóxico conformados por un equipo experto de profesionais na materia. Contan cun Protocolo de Actuación en caso de producirse calquera tipo de agresión sexual, LGTBIfóbica ou calquera outro tipo de agresión machista, en coordinación directa coas Forzas e Corpos de Seguridade, así como cos Servizos Sanitarios. Ademais, tamén son espazos de sensibilización abertos á cidadanía, nos que se proporciona material de sensibilización e información sobre os recursos  e servizos municipais na materia, ademais de realizarse accións divulgativas adaptadas ás diferentes idades.
 

back link