Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello habilita un local de ensaio para grupos musicais noveles

Oleiros, 18 de febreiro de  2014-. O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, anunciou esta mañá que o Goberno local porá a disposición dos grupos musicais formados por xente nova do municipio un local de ensaio. Esta sala, que forma parte das instalacións da Escola Municipal de Música situada no complexo cultural Á Fabrica de Perillo, contará con amplificación sonora e todo o necesario para levar a cabo ensaios musicais. O goberno local habilitara anteriormente estes espazos para levar a cabo este tipo de ensaios pero ningún deles contaba coas características desta sala deseñada especialmente para tocar música.

Esta iniciativa pretende fomentar a aparición de bandas musicais de xente nova e contribuír a dinamizar a actividade das agrupacións xa existentes. O espazo de ensaio estará a disposición dos solicitantes no prazo dun mes, cando se calcula que se poidan levar a cabo os primeiros ensaios.
 

back link