Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello fai un chamamento á prudencia e á responsabilidade ante o temporal

Durante estes últimos días foron moitas as intervencións realizadas por parte do Servizo Municipal de Emerxencias, Policía Local e os operarios de Servizos Municipais para minimizar os efectos dos temporais.

Para as xornadas de hoxe e mañá están decretadas novas alertas meteorolóxicas tanto en terra como no mar polo que desde o Concello faise un chamamento á responsabilidade e á precaución de toda a cidadanía.

Debido á alerta laranxa por ventos fortes decretada para mañá sábado  4 de novembro, os campos municipais de fútbol de Oleiros estarán pechados durante todo o día.

back link