Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello esixe a apertura inmediata do centro de día das Galeras

12 de xaneiro de 2011

Ademais, o alcalde, Ángel García Seoane, enviou un escrito á Xunta no que lle recorda ao goberno autonómico que no convenio subscrito entre ambas administracións en relación ao centro de día do pazo de Arenaza se recollía o compromiso da Xunta de financiar as súas obras.

Oleiros, 11 de xaneiro de 2011-. O Concello de Oleiros informa de que, en relación á demanda que o xerente do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar fixo ao Goberno local para que este levase a cabo as obras de mellora no centro de día do pazo de Arenaza, o pasado venres día 7 de xaneiro, o alcalde, Ángel García Seoane, enviou un escrito á Xunta no que lle recorda ao goberno autonómico que no convenio subscrito entre ambas administracións en relación a este centro de día se recollía o compromiso da Xunta de financiar as obras encamiñadas a que a instalación cumprira no seu uso a normativa vixente.

O centro de día do pazo de Arenaza foi deseñado para dar servizo a  40 veciños e veciñas. Na actualidade só funciona en precario para un máximo de 15 persoas por orde da Xunta e coa firme promesa de que tanto os profesionais como as persoas usuarias serían trasladadas ao novo centro de día das Galeras con capacidade para 80 e xa rematado, aínda que pechado.

O Concello demanda á Xunta a inmediata apertura do centro de día das Galeras para atender a demanda real que existe no municipio de Oleiros xa que na actualidade moitos usuarios están a ser desviados a centros fóra do municipio.

back link