Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O Concello de Oleiros solicita ao da Coruña a sinatura do convenio para recuperar o bus 1-A a Santa Cristina

O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, dirixiuse por escrito ao Concello da Coruña para solicitar a sinatura dun novo convenio que permita recuperar a conexión do bus 1-A con Santa Cristina. A recuperación deste servizo resulta de grande interese para o conxunto da cidadanía, máis se cabe este verán con motivo da realización das obras na avenida. 

Para poñer en marcha este servizo, os concellos da Coruña e Oleiros e a Compañía de Tranvías deben asinar un convenio, ao que posteriormente debe dar o seu visto e prace a Xunta de Galicia. Por parte de Goberno municipal xa se lle comunicou á empresa Alsa a intención de recuperar esta liña de transporte.

“Agardamos que todo vaia como debe de ir e que os veciños e veciñas de Perillo e A Coruña que se queiran desprazar no bus 1-A ata Santa Cristina poidan facelo. A conselleira que impediu renovar o convenio que había xa non está no cargo e, polo tanto, agora si debería prevalecer o interese xeral da cidadanía”, dixo o alcalde.

Este servizo público foi eliminado pola Xunta o pasado verán de maneira unilateral, co pretexto de que o Concello pagase 49.000 á empresa Cal Pita, en contraprestación á suposta perda de pasaxeiros nos anos 2019 e 2022. A cantidade non estaba debidamente xustificada e, polo tanto, o Concello de Oleiros non a aboou.
 

back link