Oleiros, 07 de setembro de 2016-. O proceso de selección para cubrir unha praza de conserxe (persoal laboral interino) finalizou co anuncio público dos resultados das últimas probas e as puntuacións globais das persoas participantes nesta oposición. A persoa seleccionada, José Ramón Vázquez Suárez, ocupará a conserxería dun centro de ensino público do Concello de Oleiros.
Ademais, nestes días tamén se está a levar a cabo o proceso de contratación dun técnico para o Museo Os Oleiros. O obxectivo da convocatoria é a contratación laboral temporal dun técnico para este museo monográfico dedicado á olaría con gran variedade de pezas recompiladas pola península e América e doadas por José Mª Kaydeda.