Oleiros, 8 de marzo de 2012-. O Concello de Oleiros presenta o I Plan Municipal de Igualdade. Este documento, que será levado a pleno para a súa aprobación definitiva ao longo deste mes de marzo, ten por obxectivo impulsar e promover a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres como un principio básico e fundamental para a convivencia nunha sociedade moderna. A posta en marcha das iniciativas rexistradas no documento serán un valioso instrumento e para desenvolver unha actuación coordinada, integral e eficaz de loita contra a desigualdade e a violencia de xénero.
O plan, en cuxa elaboración participaron absolutamente todas os departamentos municipais, traballa en cinco áreas fundamentais que son a educación en igualdade, o mercado de traballo e conciliación, a violencia de xénero, o eido institucional e a participación social. Trátase dun documento realista e sostible, adaptado ao actual contexto socioeconómico así como á realidade de Oleiros e o seu entorno, que vai poñer de manifesto a política que de feito xa se estaba a desenvolver dende o goberno municipal, segundo sinalou o concelleiro de Servizos Sociais, Ignacio Crespo.
A desigualdade entre xéneros é un problema intrínseco da nosa sociedade, polo que a solución pola que se aposta é pola sensibilización, soamente a través dun cambio no pensamento e na mentalidade da poboación, especialmente nas xeracións mais novas, poderanse acadar cambios reais e avances nesta materia.
A perspectiva de xénero vai ser un elemento transversal en todas as actuacións municipais, cunha maior incidencia nas actividades dirixidas á poboación infantil e á mocidade. A outra liña principal de actuación pasa por mellorar a atención ás vítimas da violencia de xénero, principalmente nos protocolos de actuación e de acollida, ofertando unha atención integral para as vítimas e persoas delas dependentes.
Estas actuacións se complementarán con accións educativas, culturais, formativas... dirixidas a acadar un sociedade mais concienciada e sensibilizada coa igualdade de xéneros. Nesta programación estable que se vai desenvolver ao longo destes próximos anos ponse un especial énfases nos días como o de hoxe, no que é importante resaltar o papel da muller na sociedade actual.