Oleiros, 8 de febreiro de 2018-. O Concello de Oleiros acometerá diversas obras de mellora en Santa Cristina. A primeira das actuacións está a realizarse estes días na avenida das Américas e consiste na renovación dos beirados e no asfaltado de toda esta rúa.
Nas vindeiras semanas tamén serán reparadas por completo as beirarrúas da rúa Xuncal. Así mesmo, será renovada toda a iluminación pública desta zona.
O alcalde, Ángel García Seoane, tamén se atopa en conversas coa Deputación da Coruña para que o organismo provincial realice a mellora das beirarrúas da avenida de Santa Cristina.