Oleiros, 12 de xullo de 2011. - O Concello de Oleiros levará a cabo unha observación astronómica o venres 15 de xullo desde ás 22.00 horas na explanada da Fábrica, dependendo das condicións meteorolóxicas. Estará dirixida pola Asociación Astronómica IO que pon a disposición de todos os veciños que se acheguen o material necesario para observar o ceo. Nesta ocasión pódese ver a lúa e Saturno, así como as estrelas típicas do verán: Vega, Altair, Antares, Deneb...