O xoves 18 de abril, ás 11:00 horas terá lugar “AO FARO. ROTEIRO LITERARIO POLA COSTA DE MERA” coa escritora Silvia Salgado. Partirase da Biblioteca Municipal Mª José Trincado de Mera e camiñarase polo paseo marítimo e pola costa, con paradas e lecturas en voz alta e comentadas, ata chegar aos faros de Mera.
A actividade está dirixida a persoas mozas e adultas ás que lles guste camiñar, con inquietudes pola literatura e a fotografía, principalmente pola que xira en torno a un faro. Falarase da relación entre literatura e fotografía: do diálogo que se pode establecer entre esas dúas disciplinas artísticas, da beleza da paisaxe e o seu protagonismo en moitas historias, do paseo como evocador de narracións...
Imprescindible reservar praza na biblioteca Rialeda ou chamando por teléfono ao 981 639 511.