Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello de Oleiros organiza rutas guiadas interpretativas polo Monumento Natural

O Concello de Oleiros organiza varias rutas guiadas interpretativas polo Monumento Natural Dexo-Serantes os venres, sábados e domingos a partir do 13 de setembro.

O vindeiro venres 13 de setembro comezán as rutas guiadas interpretativas polo Monumento Natural da costa Dexo-Serantes que terán lugar todos os venres, sábados e domingos de setembro, agás o domingo 22. 

Trátanse de dúas rutas de dificultade baixa para todos os públicos, Ruta Seixo Branco-Furnas (3 km), onde se porá en valor fauna, flora, xeoloxía e xeomorfoloxía da zona; e a Ruta Porto de Dexo (4 km), onde se porá en valor a etnografía da zona ademais de visitar a igrexa de Dexo.

A duración das rutas é de 2 horas e comezarán ás 10:30 horas.

O período de inscrición é do 10 ao 27 de setembro a través do formulario web seguinte: bit.ly/3MC072r

As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición.  Para máis información poderase contactar co 981 618 154 ou través do correo electrónico turismo@oleiros.org

back link