Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O Concello de Oleiros opta a un programa europeo sobre envellecemento activo

Oleiros, 27 de febreiro de 2013-. O Concello de Oleiros, a través da Concellería de Servizos Sociais, presentou a súa candidatura para optar ao financiamento europeo dun proxecto sobre envellecemento activo no que participaría con outros municipios de Italia, Polonia, Croacia e Eslovenia.

A candidatura enmárcase dentro dun programa de aprendizaxe permanente denominado Live long learning programme para formar parte dunha sociedade de aprendizaxe Grundtvig, co obxectivo de intercambio de experiencias prácticas e métodos que contribúan a un maior coñecemento da cultura europea no ámbito social e económico. Neste caso centrarase no envellecemento activo e na elaboración dun amplo abano de actividades con este fin. Se finalmente Oleiros é incluído neste programa da UE realizarase un encontro internacional do Staff técnico en outubro do próximo ano.

Nestes momentos o traballo desenvolto en envellecemento activo por parte do Concello de Oleiros está ao nivel de calquera país europeo avanzado, sendo unha referencia non só polo seu contido senón pola súa variedade e ampla traxectoria. No marco deste programa desenvólvense actividades tanto de benestar físico como emocional e cognitivo, potenciando as relacións sociais e a integración no contorno, desde unha perspectiva socioeducativa, fomentando a autonomía persoal e a aprendizaxe continua.

Unha destas actividades é o programa Ven e Descubre, con actividades de excursionismo e sendeirismo que se presentará o vindeiro venres 15 de marzo na Fábrica, en Perillo, no que se darán a coñecer as rutas deste ano e a temática que vai servir de fío condutor ao programa.
 

back link