Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello de Oleiros inicia a elaboración do primeiro Plan municipal de igualdade de oportunid

Oleiros, 22 de setembro de 2011-.  O Concello de Oleiros, a través da Concellería de Benestar Social, Sanidade e Consumo está a impulsar un ambicioso proxecto estratéxico para os próximos anos, a elaboración do I Plan municipal de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.

O compromiso político do Concello de Oleiros co principio de igualdade entre mulleres e homes en todos os ámbitos e a loita contra calquera forma de discriminación ou violencia en materia de xénero ponse de manifesto na posta en marcha deste proxecto, co que se pretende potenciar unha participación equilibrada de mulleres e homes nos distintos espazos e mellorar a calidade de vida de toda a cidadanía.

O Plan pretende ser un instrumento flexible que oriente as políticas municipais nesta materia durante os próximos anos e que se axuste á realidade e ás necesidades reais dos veciños e das veciñas de Oleiros, polo que se vai solicitar a colaboración e a participación da cidadanía neste proceso de construción, convocando e invitando a realizar achegas tanto ao tecido asociativo, como a partidos políticos e sindicatos, así como ao persoal municipal de todas as áreas.

Todas as persoas ou entidades que queiran realizar algunha achega ou suxestión poden facela a través do seguinte enderezo de correo electrónico: plandeigualdade@oleiros.org, ou ben dirixíndose a Concellería de Benestar Social.

back link