Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello de Oleiros estuda restrinxir o tráfico nas rúas Fuxeira e Pombal ante o incremento d

Oleiros, 15 de xaneiro de 2018-. Desde os cambios realizados na intersección de Sol y Mar, as rúas Fuxeira, Pombal e todas as demais da urbanización Cavamontes están a soportar un elevado volume de tráfico de vehículos. De persistir esta situación, o Concello de Oleiros restrinxirá a circulación nesta zona urbana para non prexudicar aos numerosos veciños e veciñas.

Son moitos os vehículos que se dirixen cara a estrada de Montrove e están a transitar polas rúas urbanas de Perillo causando grandes molestias, incomodidades e perigos aos residentes en toda esta zona. O Concello de Oleiros insiste en que os condutores que proceden da ponte da Pasaxe e van cara Montrove, Oleiros e Sada deben empregar a N-VI e realizar un cambio de sentido á altura da Dirección Xeral de Tráfico.
 

back link