Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello de Oleiros esixe a construción do novo bombeo de Santa Cruz

 Oleiros, 16 de marzo de 2015-. O Concello de Oleiros esixe a construción do novo bombeo de Santa Cruz. Esta obra atópase pendente de realización por parte da Xunta de Galicia desde o ano 2012 a pesar de contar con case 4 millóns de euros de financiamento proveniente da Unión Europea. Esta cantidade representa o 80% do custo total da obra, pero o Goberno autonómico aínda non consignou o 20% restante. 

 
Trátase dunha infraestrutura moi necesaria xa que, en época de chuvias, de forma puntual o exceso de caudal que chega á actual instalación fai que esta se colapse e verta augas sucias á ría. Estes vertidos puntuais solucionaríanse coa construción deste bombeo. O Goberno local de Oleiros instou a Augas de Galicia en repetidas ocasións a que acometa a obra desde que en 2012 se anunciara o financiamento por parte da UE sen que ata o momento se realizase.
 
back link