Esta agradable e luminosa aula convértese nun espazo complementario ás 7 bibliotecas municipais de Rialeda, Santa Cruz, Oleiros, Dorneda, Mera, Nós e Lorbé. A estes centros hai que engadir tamén o do Pazo de Lóngora, especializada en temas ambientais e que forma parte do CEIDA.
A nova aula de estudo dispón de conexión a Internet con acceso WIFI gratuíto e enchufes nas diferentes mesas. A instalación ten accesibilidade para persoas con mobilidade reducida.