As solicitudes deberán presentarse no rexistro xeral do Concello de Oleiros, nas oficinas de Servizos Sociais en Villa Echeverry en Perilllo (avenida Che Guevara 45) ou a través da Sede Electrónica.
A convocatoria está dirixida ao alumnado dos centros públicos de Oleiros nos que o servizo de comedor é xestionado polas ANPAs e coas que existe un convenio de colaboración para a xestión destas axudas. Todas as familias que teñan dereito a percibir estas prestacións poderán beneficiarse desde o primeiro día do curso escolar, sempre e cando tramiten a solicitude no prazo da convocatoria.
O Concello de Oleiros agradece a todas as persoas que forman parte dos equipos directivos das ANPAs dos distintos centros a súa dedicación en beneficio do benestar dos nenos e nenas de Oleiros, así como a súa xestión para facilitar a tramitación e pagamento destas subvencións municipais.