Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello alerta de que hai 27 fincas sen identificar no ámbito do campo de Golf

Oleiros, 6 de novembro de 2012-. O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, advertiu esta mañá que os propietarios de 27 fincas afectadas polo ámbito do campo de golf de Dorneda poderían perdelas en favor do Ministerio de Facenda se estas non son identificadas a tempo.

Estes terreos son de titularidade privada pero descoñecida. Polo que o Goberno Local recomenda a todas aquelas persoas que poidan ser propietarios dalgunha finca no nesta zona que se acheguen a casa do Concello a informarse e deste xeito evitar que poidan perder a súa propiedade.

O rexedor oleirense sinalou que as obras de construción deste ámbito comezasen de forma inmediata, e que unha vez que comece o proceso de urbanización, se perde a titularidade do terreo vai ser sumamente difícil reverter a situación, xa que implicaría trámites administrativos longos, custosos e complicados.
 

back link