Hemeroteca

Asset Publisher

Back O centro de lecer acolle o pase de dúas curtas documentais que pretenden concienciar sobre o co

Oleiros, 15 de novembro de 2011-. O próximo sábado 19 de novembro ás 18.30 horas, levarase a cabo o pase de dúas curtas no centro de lecer, situado en Santa Cruz. Esta actividade, organizada polo Concello de Oleiros en colaboración coa ONG Acsur Las Segovias, ten como obxectivo concienciar as persoas consumidoras sobre o papel como axentes de desenvolvemento, mostrando as distintas prácticas de consumo que buscan promover o desenvolvemento das sociedades dunha maneira máis xusta e equilibrada.

Curtas documentais: Minar e Siempre fueron cinco.

Minar: Trata o impacto do proxecto de explotación mineira en Pico Vello (As Pontes). A zona de Pico Vello está nos arrabaldes do Parque Natural Fragas do Eume e ao seu pé, atópase o que constitúe o único corredor ecolóxico entre o Parque Natural Fragas do Eume e Lugar de Interese Comunitario Xubia-Castro, ambos incluídos xa na Rede Natura 2000. A posta en funcionamento da explotación suporía a perda deste corredor ecolóxico e a destrución irreversible dun inmenso patrimonio natural e etnográfico (bosques, arroios, brañas, muíños...). Esta explotación provocaría a eliminación definitiva e irreversible da fonte principal do río Belelle, afectando gravemente tanto á cantidade como á calidade das súas augas, das que se subministra unha poboación importante dos concellos da Capela, Cabanas, Fene, Neda e Ferrol.

Siempre fueron cinco: Fantástica homenaxe ás avoas e a todas esas mulleres que sen moitos recursos sacaron adiante as xeracións anteriores resaltando a austeridade como valor. Esta curta ofrece un paralelismo entre ese modelo económico de superación e aforro e propón novas alternativas financeiras non lucrativas que poñen o centro de atención en proxectos con rendibilidade social ou cultural para que as persoas que teñan unha idea de autoemprego viable poidan ser protagonistas da súa vida.

 

back link