Oleiros, 13 de marzo de 2018-. Dentro do proceso de creación da Infraestrutura Verde da Área da Coruña, na que participa o Concello de Oleiros, o Castelo de Santa Cruz acollerá mañá mércores ás 19:00 horas un encontro para informar sobre este proceso e identificar posibles necesidades do municipio. A xornada é aberta tanto a entidades como á cidadanía.
O acto consta dunha primeira parte divulgativa, na que se explica o proxecto cun vídeo, e dunha segunda na que se leva a cabo un obradoiro, coa identificación de necesidades do concello e un foro de debate. Non se precisa ningún coñecemento previo sobre o tema para poder participar nesta actividade.
A Infraestrutura Verde da área da Coruña será unha proposta de ordenación integral do territorio desde o punto de vista ambiental, na que se definirá unha rede de zonas naturais e seminaturais que servirán para protexer a biodiversidade e proporcionar e potenciar os servizos ecosiste´micos (purificación de auga e aire, fixación de CO², fertilidade do solo, paisaxe, etc).