Oleiros, 4 de outubro de 2013-. O Concello de Oleiros comeza o ciclo de teatro de outono do departamento de Cultura esta fin de semana coa obra Un corazón perfecto. Esta comedia da compañía Teterella Teatro, dirixida por Carmen Blanco, conta a historia de Xulián Muíños, quen está a piques de vivir a noite máis intensa da súa vida. O espectáculo terá lugar o sábado 5 de outubro ás 20.30 horas no auditorio Gabriel García Márquez, en Mera e terá unha duración de 90 minutos. As entradas poñeranse á venda a partir das 19.30 horas e terán un prezo de 2,50 euros. Un corazón perfecto está recomendada para maiores de 14 anos.