Oleiros, 28 de febreiro de 2018-. A Compañía Entremans presenta este venres día 2 de marzo, ás 21:00 horas, o espectáculo Gaia. Está dirixido a un público familiar, especialmente recomendado a partir dos 3 anos, e as entradas estarán á venda desde as 20:00 horas a un prezo de 3,50 euros.
Baixo a dirección de Kirenia Martínez e Estefanía Gómez Sinopse, Gaia afonda no tema do noso planeta. Trátase dun proxecto no que a idea fundamental é achegar coñecementos desde unha óptica visual e imaxinativa. Gaia é un percorrido singular no que a pintura, a música, o audiovisual e a danza axúdannos a descubrir e comprender a intensidade, o poder e a beleza do noso planeta e os seus tesouros naturais.