Hemeroteca

Asset Publisher

Back O alcalde demandaralle a Costas que aborde as reparacións solicitadas hai meses nas praias de O

Oleiros, 12 de maio de 2016-. O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, manterá unha xuntanza cos responsables da Dirección Xeral de Costas do Estado para solicitar novamente a reparación das escaleira de acceso ás calas de Portelo, na zona de Canide, e de Penatouro, en Mera, e a redistribución da area na praia de Santa Cristina.

Malia os continuos requerimentos realizados desde o Concello de Oleiros, a administración central segue sen acometer as tarefas solicitadas. “Parécenos indignante que Costas non aborde estes asuntos cando xa lles reclamamos que solucionaran estes problemas hai meses”, explicou o alcalde.

No caso do areal de Portelo trátase da única vía de acceso á praia, que permanece illada desde hai meses. O Goberno local tamén reclamou a reparación da escaleira de acceso á cala de Penatouro, entre as praias de Mera e Espiñeiro, e o depósito máis area na praia de Santa Crisitna para que a rampa que conecta co areal non quede no aire.
 

back link