Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Alcalde de Oleiros recibe a don Santiago Pichel, comandante da Garda Civil

O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, acompañado da concelleira de Seguridade Cidadá, Marga Figueroa; recibiron hoxe a visita do novo xefe da Primeira Compañía da Garda Civil da Coruña, con sede en Lonzas.

O comandante Santiago Pichel Arca veu acompañado do tenente Borja Sobrino Costoya, xefe do Posto Principal de Oleiros.

García Seoane agradeceu a visita e ofreceu a tradicional recepción e a completa colaboración da Policía Local coa Benemérita, así como o resto dos recursos de seguridade cidadá que manexa o Concello.

O alcalde destacou a habitual harmonía e a constante colaboración con este corpo de seguridade estatal que presta un importante servizo á cidadanía de Oleiros, contribuíndo así a conseguir uns elevados índices de seguridade pública.

back link