Radio Oleiros pode sintonizarse en directo no 101.5 da FM, na súa aplicación (dispoñible en IOS e Android) e a través da páxina web do Concello. Nesta última poden encontrarse os podcast, publicados tamén en Ivoox e Spotify.
Hemeroteca
Asset Publisher
A emisora Radio Oleiros estrea esta semana o programa “Fóra de Lista”. Un espazo que se emitirá todos os mércores a partir das 13:10h e que se centrará na música galega máis emerxente. Dirixido por Jacobo Castro e Eloy Vidal, contará cunha sección de novidades semanais, ademais de entrevistas aos principais artistas da escena galega actual.