Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Maxia e Contos polo Nadal, nas Bibliotecas de Oleiros

Un programa de contacontos encherá de Nadal as bibliotecas de Oleiros entre o 13 e o 21 de decembro. Nel participarán 8 artistas que farán as delicias das persoas máis pequenas das familias: Genma Pardo, Bululú, Leo Leíño, Trinke Trinke, Ramiro Neira, Cachirulo, David Méndez e Charo Pita.

As persoas interesadas poden consultar a programación na web oleiros.org e inscribirse desde 10 días antes da actividade. Os días 14 e 21 será en Perillo, o 14 en Lorbé, o 15 en Nós, os días 13, 20 e 21 en Santa Cruz, o 15 en Mera, o 18 en Dorneda e o 19 en Oleiros.

 

Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz 
13 decembro: Contos de nadal, de Ramiro Neira (de 2 a 4 anos)
20 decembro: O Apalpador, de Títeres Cachirulo (público familiar)
21 decembro: Maxia de aquí e de acolá, do Mago David Méndez (público familiar)
Prazas:    981 626 338


Biblioteca Xograr Mendiño de Lorbé        
14 decembro:    A maxia no nadal, de Leo Leiño    (a partir de 5 anos)
Prazas: 981 618 201


Biblioteca Central Rialeda de Perillo    
14 decembro: O papapapagaio adhesivo, de Genma Pardo (contacontos  e presentación de libro). Público familiar
21 decembro: Unha merenda a repartir, de Proyecto bululú (de 2 a 4 anos)
Prazas: 981 639 511


Biblioteca Ánxel Fole de Nós    
15 decembro: O coelliño blanco, Trinke Trinke (de 2 a 4 anos)
Prazas: 981 664 257


Biblioteca Mª José Trincado de Mera    
15 decembro: Tranvía nadal, de Charo Pita (a partir de 5 anos)
Prazas: 981 628 507


Biblioteca Mª José Ruso de Dorneda    
18 decembro: Un pastel moi prezado, de Proyecto Bululú (de 2 a 4 anos)
Prazas: 981 626 638


Biblioteca Manuel María de Oleiros 
19 decembro: O abeto, de Charo Pita (a partir de 5 anos)
Prazas: 981 610 700 

back link