Hemeroteca

Asset Publisher

Back Mañá celébrase unha nova asemblea informativa na Fábrica para informar sobre os cortes de tráfi

Oleiros, 10 de outubro de 2017-. Mañá ás 20 horas na Fábrica de Perillo terá lugar a segunda das dúas asembleas informativas abertas aos veciños e veciñas de todo o municipio na que o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, informará sobre os cortes de tráfico e os cambios na circulación que se van producir desde finais do mes de outubro con motivo das obras do sifón da ponte da Pasaxe e do novo colector da rede de saneamento.

Xunto co tanque de tormentas que se está a construír en Santa Cruz, esta importante actuación completará definitivamente a rede de saneamento do Concello de Oleiros. A obra consiste, entre outras cousas, na colocación dunha grande tubaxe dun metro de diámetro baixo o carril dereito da avenida Ernesto Che Guevara -dirección A Coruña, desde a rotonda do monumento ao Che ata a ponte da Pasaxe-, que  obrigará a cortar ese carril en tramos de 100 metros durante máis de seis meses.
 

back link