Oleiros, 2 de outubro de 2017-. O Concello de Oleiros fixo pública a convocatoria para a contratación en réxime laboral interino dun operario de mecánica. O sistema de selección realizarase a través dun concurso-oposición.
As bases están a disposición das persoas interesadas na área de Persoal e RRHH da web municipal. O prazo de presentación de instancias abre mañá martes 3 de outubro e remata o vindeiro día 17.