Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Máis de 250 nadadoras participarán no IX Trofeo Concello de Oleiros de natación artística

A piscina do INEF, en Bastiagueiro, acolle o vindeiro sábado 27 de abril o IX Trofeo Concello de Oleiros de Natación Artística. A competición desenvolverase en xornada de tarde, a partir das 16:00, e está prevista a participación de 252 nadadoras de diferentes clubs de toda Galicia.

As categorías nas que se disputará o trofeo serán benxamín, prealevín, infantil e xuvenil.

O Club Acuátic Oleiros, con 110 nadadoras, exercerá como anfitrión dunha proba coa que o Concello de Oleiros pretende promocionar e fomentar esta especialidade deportiva.

back link