Oleiros, 12 de marzo 2014-. O próximo venres, 14 de marzo, ás 18.30 horas e dentro da programación das actividades de Ler para Saber, terá lugar na Biblioteca Central Rialeda, en Perillo, unha charla de divulgación científica para nenos e nenas a partir de 10 anos), adolescentes e público en xeral titulada Imos falar de ovos. A reprodución ovípara dos animais. O simposio correrá a cargo de Francisco Armesto Ramón, biólogo e director técnico de proxectos dos museos científicos coruñeses.
Armesto traballa nos Museos científicos coruñeses desde o ano 1986. Participou na creación de numerosas exposicións científicas. Ganou o V Premio de Divulgación Científica Estudi General (1999) e é coautor de libros de divulgación científica como por exemplo: “L’ enigma de l’ esfinge” publicado na editorial Bromera, “Supervivencia o suicidio: hacia el futuro de la humanidad” en Alianza editorial ou “10 xpriments kn ¡¡¡pelos!!!” editado en Afortiori editorial. Escribiu máis de douscentos artigos de divulgación para diferentes medios. Membro da Real Sociedad Española de Historia Natural e da Asociación Española de Periodismo Científico.