Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Instalacións e actividades do Concello funcionarán hoxe con normalidade

O apagón eléctrico de onte saldouse sen practicamente incidencias no Concello de Oleiros. Ante a caída das comunicacións, reforzáronse os servizos seguridade cidadá para incrementar a presenza nas rúas, tanto da Policía Local como do Servizo Municipal de Emerxencias, coordinados en todo momento coa Garda Civil.

As únicas actuacións salientables foron o rescate de dúas persoas atrapadas en ascensores de Perillo e Santa Cruz. Tamén foi necesario achicar auga dun garaxe da rúa Revolta que se inundou ao deixar de funcionar as bombas. 
Coa chegada da noite as rúas quedaron totalmente baleiras. A electricidade foi recuperándose entre a 1 e as 3 de madrugada, restablecéndose tamén o alumeado público.

Todas as instalacións municipais están abertas con normalidade e as distintas actividades organizadas polo Concello tamén se van desenvolver nos seus horarios habituais. Só quedarán adiadas as actividades de envellecemento activo previstas para hoxe.
 

back link