Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás García Seoane solicitou á Xunta que aborde con urxencia a construción do novo comedor no CEIP V

 Oleiros, 24 de outubro de 2014-. O alcalde de Oleiros, Angel García Seoane, solicitou onte nun encontro mantido cosecretario xeral técnico de Educación da Xunta de Galicia que o Goberno autonómico aborde de forma inminente a obra de construción dun novo comedor escolar no CEIP Valle Inclán, en Perillo. O rexedor recordou que se trata dunha necesidade detectada dende hai tempo pola dirección do centro, toda a comunidade escolar e o Goberno local.

 
Durante o encontro, García Seoane transmitiu o responsable da Consellería que o centro conta cunhas instalacións deficientes para este labor e que ademais non poden dar cabida a máis alumnado. Esta situación arrástrase dende hai moitos meses e a Xunta non fixo nada para solucionar o problema a pesar de contar cun terreo cedido polo Concello para a edificación deste equipamento.
 
O Concello cedeu no seu día unha parcela anexa ao colexio, detrás do pavillón deportivo, co fin de construír nela o edificio que albergue o necesario comedor e a súa cociña. O Goberno local puxo a disposición da Xunta este terreo para que constrúa o novo edificio, tal e como necesitan os alumnos do centro educativo, pero a día de hoxe, e a pesar da insistencia do Goberno local esta demanda segue sen ser atendida.
 
Tras a reunión, o rexedor sinalou as súas impresións e asegurou que non viu moi receptivo o responsable da Xunta respecto a este asunto. Así mesmo García Seoane transmitiu ao director xeral a súa intención de poñer a disposición da Consellería 3.000 metros cadrados nas inmediacións do novo centro escolar de Nós para crear un acceso mellor, pero igualmente non encontrou unha resposta positiva por parte do dirixente autonómico.
 
back link