Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás García Seoane reclama que as brigadas contra incendios realicen traballos de prevención contra

Oleiros, 10 de abril de 2012-. O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, reclamou esta mañá que as  brigadas contra incendios da Xunta realicen traballos de prevención contra o lume nos montes para diminuír o risco de catástrofe. O rexedor oleirense considera que estas brigadas, 82 permanentes e 61 máis mobilizadas desde febreiro, compostas por entre 2.000 e 4.000 traballadores e traballadoras, dependendo da época do ano, deberían realizar traballos de limpeza nas áreas forestais e non ser mobilizadas unicamente cando haxa unha alarma de lume co fin de realizar traballos de extinción.

García Seoane criticou que o Goberno autonómico destine ao redor de 90 millóns de euros anuais á loita contra o lume e os brigadistas pasen gran parte do seu tempo esperando a ser mobilizados cando poderían realizar un traballo importantísimo en cada un dos concellos de Galicia. «En vez de ter o persoal parado podían estar a facer un traballo importantísimo de limpeza nos nosos montes e nas nosas fragas», indicou. Ademais García Seoane censurou que detrás dalgunhas contratacións de brigadistas existan «demasiados amiguismos». «E non só estou a  falar dos amigos de Baltar», culminou o rexedor.

Así mesmo, García Seoane sinalou que as subvencións concedidas pola Consellería de Medio Rural para a limpeza de montes son inútiles. O rexedor asegurou que as axudas para a limpeza de montes só son concedidas a terratenentes con máis dunha hectárea de terra, o que debido ás características do noso país reduce enormemente as posibilidades de optar a unha delas. Ademais destacou, que, nalgúns casos estas axudas, son utilizadas para outros fins que non son a limpeza de monte. «Nalgúns casos ese diñeiro está a ser utilizado para plantar eucalipto», apuntou.

Limpeza de camiños rurais
En relación á prevención de incendios e limpeza de maleza, o rexedor sinalou que o Concello de Oleiros contratará nos próximos días a limpeza de máis de 110 camiños rurais do municipio.
 

back link