Hemeroteca

Asset Publisher

Back García Seoane recibe ao alumnado de 6º de primaria do CEIP Juana de Vega na Casa do Concello

Un grupo de alumnos e alumnas do colexio Juana de Vega de Nós visitou esta mañá o Salón de Plenos do Concello de Oleiros, onde foron recibidos polo Alcalde, Ángel García Seoane; e máis os concelleiros de educación e xuventude, Mª José Santos e Ramón Maceira.

O alumando de 6º de primaria do CEIP Juana de Vega achegouse no día de hoxe á Casa do Concello coa fin de coñecer ao alcalde de Oleiros e transmitirlle a súas inquedanzas ademais de facerlle diversas preguntas sobre asuntos relacionados coa xuventude, o lecer, o futuro...

Tras coñecer as dependencias da Casa do Concello e a Alcaldía, o alumando do Juana de Vega visitou diferentes departamentos e outras dependencias municipais como a nave do Servizo Municipal de Emerxencias Oleiros.

back link