A ausencia total de investimentos nas estradas autonómicas de Oleiros estana a sufrir especialmente as persoas con mobilidade reducida. A situación é especialmente grave na avenida Isaac Díaz Pardo, onde están situadas as residencias de Aspronaga, con 86 persoas usuarias que para moverse con cadeiras de rodas vense obrigadas a circular pola estrada, co conseguinte perigo que isto supón.
É unha vergoña que a Xunta de Galicia atente desta maneira contra a seguridade das persoas. O Concello de Oleiros leva anos reclamando beirarrúas nesta estrada. Foron varias as reunións celebradas con distintas conselleiras, escritos, informes... sen que en ningún momento se dignasen nin a contestar.