Hemeroteca

Asset Publisher

Back Exposto ao público o proxecto para a creación da senda costeira desde Naval a Canide

Ata o 15 de xaneiro estará exposto na Casa do Concello o proxecto para a construción da senda costeira desde Naval ata Canide. Coa apertura á cidadanía deste novo tramo de costa, será posible desprazarse camiñando por terreos públicos desde o fondo da ría ata o porto de Lorbé.

“Neste momento temos exposto na Casa do Concello o proxecto. Tan pronto como pase o período de exposición pública do proxecto, poñerémonos co proceso de adquisición dos terreos para, despois xa, poder proceder a contratar a obra. Estamos a falar de construír unha senda de case 3 km por todo o litoral de Dorneda ata Maianca”, comentou o alcalde Ángel García Seoane.

back link