Hemeroteca

Asset Publisher

Back Estudo do Momento presenta o sábado no García Márquez o drama 1879. Casa de bonecas

Oleiros, 9 de outubro de 2018-. Estudo do Momento presenta o sábado ás 20:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera o seu espectáculo 1879. Casa de bonecas, de Henrik Ibsen e dirixido por Xoán Carlos Mejuto. Iria Ares e Xoán Carlos Mejuto protagonizan esta obra de teatro.

1879. Casa de bonecas é unha grande obra, froito da dramaturxia do pai do teatro realista contemporáneo, Henrik Ibsen. Trátase dunha alegación feminista que se converteu co paso de tempo na celebración da independencia da muller nunha sociedade de homes. Con 1879. Casa de bonecas o espectador revive o nacemento dunha das maiores heroínas do teatro, Nora Helmer. Esposa e nai perfecta, esconde porén un perigoso segredo, anos atrás falsificou unha sinatura para conseguir un préstamo. Cando todo sae á luz, descobre que o seu home non a considera máis ca un obxecto da súa propiedade, provocando un desenlace de escándalo. Este espectáculo foi galardoado co Premio Luisa Villalta pola Igualdade da Deputación da Coruña.

As entradas poñeranse á venda a partir das 19:30 horas, ata completar a capacidade da sala. Está recomendada para maiores de 12 anos.
 

back link