Oleiros, 23 de outubro de 2012-. O alcalde de Ciudad Delgado, Tomas Minero visitou esta mañá o Concello de Oleiros. O rexedor Salvadoreño aproveitou a súa estancia para falar cos distintos responsables do goberno local sobre posibles liñas de cooperación entre ambas administracións para levar a cabo proxectos que contribúan ao desenvolvemento desta poboación do Salvador.
O municipio de Ciudad Delgado atópase asentado a 3,5 quilómetros da cidade de San Salvador e forma parte da área administrativa e xeográfica coñecida como Área Metropolitana de San Salvador. Ciudad Delgado é un municipio con 120.200 habitantes e unha extensión territorial de 33,4 quilómetros cadrados.