Hemeroteca

Asset Publisher

Back El Ayuntamiento organiza otras tres sesiones do programa «A hora do conto» en las bibliotecas m

Oleiros, 28 de outubrode 2011-. As bibliotecas municipais de Oleiros organizan a actividade da Hora do conto, coa que se pretende introducir os nenos e as nenas no mundo dos libros a través dunha lectura que poidan comprender, que os faga gozar e divertirse. A próxima semana desenvolveranse unha serie de actuacións dirixidas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 3 e os 10 anos. Terán lugar en todas as bibliotecas municipais, a través de narración ou dramatización dun ou varios contos, cun enfoque lúdico e unha vivencia activa e participativa cos libros, fomentando a imaxinación e  a creatividade. Todos os actos serán ás 18.30 horas. As sesións da próxima semana desenvolveranse nas seguintes bibliotecas municipais:

1. Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro. Santa Cruz
Mércores 2 de novembro
CONTACONTOS: Pedro Brandariz
TÍTULOS:      Que é iso do Samaín?: A pantasma Cataplasma, Brais, vaia monstro, A castaña medoñenta.


2. Biblioteca Central Rialeda. Perillo
Xoves 3 de novembro
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULOS:      Contos de Magosto: La noche de la visita, Juegos de Calaveras, Caperucita en sombras, Wuggly Ump


3. Biblioteca Pública Municipal Ánxel Fole. Nós
Venres 4 de novembro
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULOS:      Contos de Magosto: La noche de la visita, Juegos de Calaveras, Caperucita en sombras, Wuggly Ump.

Os obxectivos que se intentan conseguir son que os nenos e as nenas participantes se divirtan escoitando contos, facer novos lectores ou consolidarlles este hábito, que descubran a diversidade dos libros e o pracer pola lectura e que vivan o libro en colectividade xunto con outras nenas e nenos. Trátase de espertar unha sensibilidade que faga descubrir o pracer que pode proporcionar a lectura, que os nenos e as nenas vexan que tamén se poden divertir e pasar momentos moi agradables cos libros.
 

back link