Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás El Ayuntamiento inaugura la plaza en honor a Esther Pita

Oleiros, 10 de xullo de 2013-. O Goberno local de Oleiros inaugurará o próximo venres día 12 a partir das 20.30 horas a praza que levará o nome da que foi alcaldesa do municipio, Esther Pita Pita. Esta praza de nova creación atópase na súa vila natal, Santa Cruz, entre a fronte marítima e o parque Luís Seoane, ao lado do Monumento ao emigrante. Na homenaxe, no que estará presente Esther Pita, participarán colectivos locais como a coral Lembranzas e o grupo de  baile e gaitas Santaia.

Como sinalou en máis dunha ocasión o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, Esther colaborou ao longo de toda a súa vida no desenvolvemento social da súa localidade e de todo o municipio. Ben desde a administración local, desde os colectivos veciñais ou a título individual dedicou a súa vida a traballar polo seu pobo, ata o punto de converterse nun exemplo, e o dito exemplo é merecedor de ser lembrado cun nomeamento como este.
 

back link