Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Costas executará traballos na praia de Santa Cristina ata o venres

Oleiros, 9 de xuño de 2014-. O Concello de Oleiros informa de que o areal de Santa Cristina rexistrará traballos de mantemento ao longo desta semana, segundo informou a Demarcación de Costas do Ministerio de Agricultura e Medio Ambiente, administración encargada de realizar os traballos. Está previsto que a obra se prolongue ata o vindeiro venres día 13 de xuño.

Estes traballos consisten no traslado de area desde a punta da praia ao comezo do areal, nas proximidades de Casa Sara. Para realizar estas tarefas estase utilizando maquinaria pesada, polo que se solicita aos usuarios e usuarios da praia que extremen as medidas de seguridade ao camiñar pola beira e ao acceder ou saír da auga.
 

back link