Hemeroteca

Asset Publisher

Back Continúan os Bailes para maiores, este sábado 24 de xaneiro en Nós

Imagen Continúan os Bailes para maiores, este sábado 24 de xaneiro en Nós

De Baile en Baile é o nome dun novo programa cultural e de convivencia entre persoas maiores que se consolida como referente de festa e ocio activo. Celebrarase os sábados pola tarde nas distintas casas do pobo.


Este sábado día 24, de 17.00 a 20.00 horas, terá lugar un novo baile na Casa do Pobo de Nós (Praza da Liberdade). Amenizará a tarde o Dúo Crazy.

Como novidade, este ano incorpórase tamén un servizo de recepción e acompañamento das persoas participantes, para cubrir calquera circunstancia que puidese acontecer.