Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Concerto nas Torres para conmemorar o Día Mundial do Libro

Imagen Concerto nas Torres para conmemorar o Día Mundial do Libro

O martes 22 de abril ás 19:30 horas no teatro As Torres de Santa Cruz terá lugar o concerto POESÍAPOEMAS a cargo de Francisco Castro, para conmemorar o Día Mundial do Libro.
 

O Concello de Oleiros ten organizada unha variada programación en todas as bibliotecas para conmemorar o Día Mundial do Libro: exposicións bibliográficas, hora do conto, roteiros, actividades encamiñadas ao fomento da lectura para escolares... Ademais o vindeiro martes 22 de abril terá lugar unha actuación musical a cargo do escritor, músico e editor; Francisco Castro, no que se presentará un repertorio cunha escolla do mellor da poesía galega musicada dende os anos sesenta ata os nosos días. 

Entre outros, poderanse escoitar poemas musicados de Rosalía de Castro, Álvaro Cunqueiro, Manuel Curros Enríquez, Manuel María, Castelao, Uxío Novoneyra...  así como poesía cantada de corte popular. 

Francisco Castro recolle as versións dos grandes cantautores galegos e reinventa as cancións con ritmos diferentes (rock, pop, reagge...) nun espectáculo dinámico, no que todas as persoas poderán participar cantando, ao mesmo tempo que explicará a importancia de cada poema, do disco no que saíu, do artista que o traballou, etc. 

O público asistente gozará con este espectáculo musical ao mesmo tempo que coñecerá ou lembrará a poesía e a música galega.

Desde as bibliotecas municipais invítase a todas as persoas que desexen asistir, ata completar o aforo.